
Inscrición alumnado curso de vento metal XI Festival Hercules Brass Celanova
Existe unha única matrícula individual coñecida habitualmente co nome de Alumnado Activo, xa que todos tomarán parte nas sesións de técnica con todo o grupo e nas clases individuais.
As persoas interesadas en matricularse, deben cubrir un formulario e pagar unhas taxas. Dita matrícula dá acceso a todas as actividades e concertos durante o festival.
Para o mellor aproveitamento das clases, agradecemos que realices a inscrición canto antes para así proceder, coa maior antelación posible, ao reparto de grupos segundo os diferentes niveis.
O prazo da inscrición rematará o día 30 de maio de 2025 ás 14:00h.
Aconsellámosche que completes o teu rexistro canto antes para ter unha praza. No caso de completar a capacidade prevista inicialmente, tamén se recomenda completar o rexistro, xa que quedarás nunha lista de espera por se hai algunha baixa. No caso de que quedes sen praza, devolveráseche a túa inscrición por completo.
Matrícula + Pensión Completa Hotel
Maiores de idade. Inclúe aloxamento + comidas
510 € + 3 € (gastos xestión)